Causas.
Neste video fálanos das causas que provocan a actividade dos sismos.
Consecuencias.
As consecuencias dos terremotos están asociados ós grados de intensidade na escala de Mercalli. Cada ano aproximadamente prodúcense 300.000 sismos en toda a superficie en escalas de entre 2 e 2'9 grados. Os terremotos de maior intensidade son de aproximadamente 8 grados prodúcense en períodos que abranguen entre 5 e 10 anos. De este cadro pódese establecer un entendemento das diferentes sociedades que están en risco, por máis que se trata de predicir non é posible determinar cando e onde ocorrerá un terremoto, xa que pode ocorrer en calquera lugar, sen ter en conta a intensidade.
- Movemento ou Rutura do Solo: Estes son os efetos principais dun terremoto na superficie terrestre, debido ao roce de placas tectónicas, o cal causa danos a edificios ou estruturas ríxidas que se atopen na área afetada polo sismo.
- Corrementos e Deslizamentos de Terra: Terremotos, tormentas, actividade volcánica e fogo poden propician inestabilidade nos bordes de elevacións do terreo, o cal provoca corrementos de terra.
- Incendios: O fogo pode xerarse polo corte de suministro eléctrico posteriormente a danos na rede de gas de grandes cidades. Un caso destacado deste tipo de suceso é o terremoto de 1906 en San Francisco, onde os incendios causaron máis víctimas qu eo propio sismo.
- Licuefacción do solo: Isto ocorre cando, por causa do movemento, a auga saturada en material, como area, temporalmente perde cohesión e cambiade estado sólido a líquido. Este fenómeno pode propiciar derrube de estruturas ríxidas, como edificios e pontes.
- Maremoto: Os maremotos son enormes ondas mariñas que ao viaxar desprazan gran cantidade de auga cara as costas. No mar aberto as distancias entre as cristas das ondas mariñas son próximas a 100 km. Os períodos varían entre cinco minutos e unha hora. Segundo a profundidade da auga, os tsunamis poden viaxar a velocidades de 600 a 800 km/h. Poden desprazarse grandes distancias a través do océano, dun continente a outro.
Unha pequena recopilación dos sísmos de maior intensidade e magnitude da historia.