As distintas teorías evolutivas.
Teoría Lamarck.
A súa teoría fúndase sobre dous principios :
- A complexidade crecente da organización dos seres vivos baixo o efecto da dinámica interna propia do seu metabolismo;
- A diversificación, ou especialización, dos seres vivos en múltiplas especies, baixo o efecto das circunstancias variadas ás que se enfrontan en medios diferentes e desfavorábeis que lles obrigan a adaptarse modificando o seu comportamento ou os seus órganos para responder ás súas necesidades (estas modificacións non son o produto da súa vontade ou do seu desexo, senón desta dinámica interna propia da vida concibida aquí como un proceso no que os fluxos de materia necesarios para a vida estruturan a materia viva e, en consecuencia, os organismos).
Esta argumentación recibe o nome de lamarckismo.

Teoría Darwin- Wallace.
"Á conservación das diferenzas e variacións individualmente favorables e á destrución das ques son perxudiciais decidín chamarlle selección natural ou supervivencia dos máis aptos" -Darwin.
As teorías darwinistas son evolucionistas, pero a súa achega clave é o concepto de selección natural considerado determinante para explicar a causa da evolución e que no seu posterior desenvolvemento, con numerosas achegas e correccións, permitirá a formulación da teoría da evolución actual ou síntese evolutiva moderna. Polo tanto é igualmente equivocado usar o termo «darwinismo» para referir a actual teoría da evolución, xa que esta non se reduce só ás ideas postuladas por Charles Darwin
Teoría Neodarwinista.
O neodarwinismo ou teoría sintética da evolución, é basicamente o intento de fusionar o darwinismo clásico coa xenética moderna, e foi formulado na década do 30 e o 40 (século XX).
Como resultado desta investigación, é posible concluír que a selección natural é un fenómeno da evolución que se define como a reprodución diferencial dos xenotipos dunha poboación biolóxica.
Lamarck (1744) sostivo que as especies descendian doutras e as novas eran máis complexas que as anteriores. El cría que as formas de vida evolucionaron gradualmente, as súas calidades adquiridas proviñan dos seus propios esforzos, a súa evolución producíase por unha forza interna e os seus cambios podían ser herdados aos seus descendentes.
En cambio, Darwin (1809) cría que as especies se reproducían, ao aumentar a poboación hai unha competencia entre as especies por alimento, espazo e a eleccion de parella ( entre os individuos da mesma especie ). Na loita pola vida os individuos mellor organizados para sobrevivir nun ambiente determinado, son os que teñen mais posibilidade de sobrevivir e reproducirse, os outros quedan eliminados pola competencia, as características que permitiron a supervivencia transmítense pola herdanza.
As evidencias deste proceso son o conxunto de probas que os científicos reuniron para demostrar que a evolución é un proceso característico da materia viva e que todos os organismos que viven na Terra descenden dun último antepasado común universal..